| |
En caso de urxencia médica, en Mutua Gallega atendémolo de xeito inmediato, a calquera hora do día e os 365 días do ano, a través da Liña Asistencial 24h, co número telefónico gratuíto 900 50 60 70. Este servizo telefónico dispón dun Call Center Medicalizado, cun equipo de profesionais sanitarios que atende e xestiona as urxencias médicas por accidente de traballo e enfermidade profesional, tanto en España como no estranxeiro.
Así, todo traballador protexido por Mutua Gallega que teña un accidente laboral pode solicitar asistencia médica na Liña Asistencial 24 h. Un profesional médico, logo de obter os datos do que aconteceu e comprobar cal é o estado do paciente, valorará a gravidade da lesión, os servizos médicos que poida precisar e indicará o hospital ou centro asistencial máis próximo ao que pode acudir, así como o medio de transporte máis axeitado para trasladar o accidentado.
Se o accidente ten lugar no estranxeiro, o persoal médico dará as pautas necesarias para a asistencia médica e a repatriación do accidentado, se fose necesario. Para solicitar asistencia dende o estranxeiro deberá contactar a través do número + 34 91 745 15 50.
Ademais, este número facilita Información para empresas e traballadores que se despracen ao estranxeiro (aquí). As empresas e os traballadores que se vaian desprazar ao estranxeiro poden consultar os trámites e xestións previas necesarias que deben realizar, tanto a empresa coma o traballador, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Instituto Nacional da Seguridade Social. O 900 50 60 70 tamén proporciona información relativa á rede de centros asistenciais e administrativos de todas as mutuas que formamos Corporación Mutua, xa que os traballadores protexidos por cada unha das mutuas poden acudir indistintamente a calquera dos centros da Corporación, en función da súa proximidade ou necesidades. A través deste servizo telefónico as empresas mutualistas e os seus traballadores poden comunicar posibles queixas ou reclamacións relacionadas cos servizos prestados por calquera das entidades que integran Corporación Mutua.
- Información para as empresas e traballadores que se despracen ao estranxeiro.
- Folleto Liña Asistencial 24h (Pdf).
|