AMAT E A CONSELLERÍA DE SANIDADE ORGANIZAN UNHAS XORNADAS SOBRE ENFERMIDADES PROFESIONAIS

Mutua Galega participou nestas xornadas formativas profesional, dentro do seu compromiso coa formación continua do seu persoal sanitario e os seus grupos de interese

O día 7 de novembro celebráronse na sede central da Consellería de Sanidade @de la Xunta de Galicia unhas Xornadas técnicas sobre enfermidades profesionais organizadas conxuntamente pola Subdirección de Servizos de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios dependente da mencionada Consellería e a Asociación de Mutuas de Accidentes de Traballo (AMAT).

A xornada, que foi presentada por Inmaculada Martín Biedma, Subdirectora Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, e por Fernando Igrexas Varela, Delegado Territorial de AMAT en Galicia e Director de Prestacións Económicas en Mutua Galega, contou coas intervencións de Mercedes Piñeiro (Consellería de Sanidade), Enrique Martínez (Responsable de EP da Dirección de Prestacións de Asepeyo), Neves Lorenzo ( Xefa do equipo Técnico de Medicina Laboral do ISSGA da Coruña) e Javier Hernández ( Xefe Médico avaliador do INSS da Coruña).

Ao final da xornada suscitouse un enriquecedor debate sobre a tramitación das enfermidades profesionais no que tamén tivo ocasión de participar o numeroso público alí presente, nutrido fundamentalmente de Inspectores Médicos, Médicos do Traballo, representantes das mutuas e demais colectivos relacionados

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK