AXUDANDO A CREAR RESILIENCIA MENTAL

 Día Mundial da Saúde Mental

En Mutua Gallega queremos poñer en valor a promoción da saúde mental e a erradicación do estigma asociado ás persoas con trastorno mental. Para desenvolver esta liña utilizamos unha dobre vía: concienciar á sociedade no seu conxunto sobre a importancia de coidar a saúde mental como parte vital do seu benestar e, por outro lado, acabar co estigma que existe sobre as persoas con enfermidade mental co fin de favorecer a súa integración.

Faise indispensable sensibilizar aos profesionais da saúde e saúde mental, aos sectores líderes da comunidade, aos axentes implicados na toma de decisións e aos medios de comunicación sobre a necesidade de poñer en valor o coidado da saúde mental, así como de abordala dun modo rigorosa, realista e positivo.

O lema deste ano segundo a OMS para conmemorar o día da Saúde Mental é, a xuventude e a saúde mental nun mundo en transformación. Dedicado este ano a eles, como consumidores de tecnoloxías en liña que, aínda sen dúbida aportan moitos beneficios, tamén poden xerar tensións adicionais, pois cada vez é maior a conexión ás redes virtuais en calquera momento do día ou da noite. Hai que recordar que a metade das enfermidades mentais comezan antes dos 14 anos, pero a maioría dos casos nin se detectan nin se tratan.

O uso incorrecto das tecnoloxías, os trastornos alimentarios, o uso nocivo do alcol e as drogas ilícitas, é un gran problema que pode xerar comportamentos perigosos. Afortunadamente, va en aumento o recoñecemento do importante que é axudar a crear resiliencia mental, desde as idades máis temperás, para poder facer fronte aos retos que expón o mundo actual.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK