A PREVENCIÓN, CLAVE NA SAÚDE MENTAL

 Día Europeo contra a Depresión

Como Cada mes de outubro conmemoramos o Día Europeo da Depresión (DED), o noso obxectivo é realizar un chamamento sobre a necesidade dunha maior sensibilización e á vez promover os recursos necesarios para poder facer fronte á importante carga asistencial que supón esta enfermidade.

Segundo os expertos entorno a un 5% da Unión Europea padece de Depresión, e todo indica que estas cifras irán en aumento. A depresión é un factor desencadenamento de baixas médicas, xubilacións anticipadas ou pensións por invalidez, o que leva a unha perda de produtividade.

Este padecemento supón o 12% das enfermidades entre os traballadores da UE é unha das enfermidades psíquicas máis comúns na actualidade. Unha de cada cinco persoas chegará a desenvolver un cadro depresivo ao longo da súa vida. Os síntomas son: abatemento, perda de interese, tristura, falta de iniciativa, etc.

A concienciación social sobre o incremento da carga asociada á depresión faise cada vez máis patente, polo que resulta fundamental dispoñer dunha adecuada información sobre esta enfermidade.

Cada empresa ou organización ha de considerar o desenvolvemento de políticas específicas de saúde mental. O obxectivo é lograr un ambiente laboral ao tratamento preventivo e precoz da enfermidade.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK