As empresas que contribuíran eficazmente á diminución da sinistralidade laboral, con investimentos cuantificables en prevención de riscos laborais e coa realización de actuacións efectivas na prevención de accidentes de traballo e enfermidade profesional, poden solicitar o sistema de incentivos (Bonus) de redución das cotizacións por continxencias profesionais, correspondente ao exercicio 2011.
Cal é o volume mínimo de cotización por continxencias profesionais e o período de observación na campaña Bonus 2011?
Na campaña "Bonus 2011" o período de observación será:
a) Un ano, o 2011, para as empresas que superasen 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais no 2010 ou superasen os 5.000 € na suma dos exercicios 2009 e 2010.
b) Dous anos, o 2010 e o 2011, para as empresas que superasen 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais no ano 2009 e non superasen os 5.000 € no ano 2010.
c) Tres anos, o 2009, 2010 e 2011, para as empresas que non superasen os 5.000 € de volume de cotización por continxencias profesionais no ano 2009, non superasen os 5.000 € no ano 2010 nin superasen os 5.000 € na suma dos anos 2009 e 2010.
Para as empresas que unha vez alcanzado o volume mínimo de cotización non soliciten o incentivo no exercicio correspondente, comezará a computarse un novo período de observación.
Requisitos necesarios para solicitar o incentivo
Poden solicitar o incentivo todas as empresas² que coticen á Seguridade Social por continxencias profesionais e que reúnan, especificamente, os seguintes requisitos:
- Realizar investimentos en instalacións, procesos ou equipos en materia de prevención de riscos laborais que poidan contribuír á eliminación ou diminución de riscos, durante o período de observación.
- Cotizar á Seguridade Social durante o período de observación cun volume total de cotas por continxencias profesionais superior a 5.000 €.
- Non superar no período de observación os límites dos índices de sinistralidade xeral e sinistralidade extrema correspondentes á campaña Bonus 2011, publicados na Orde ESS/184/2012 do 2 de febrero. Do cómputo da sinistralidade laboral, excluiranse os accidentes in itinere.
- Estar ao corrente no cumprimento de obrigas en materia de cotizacións á Seguridade Social. (Esta situación debe manterse durante todo o período de solicitude, é dicir, ata o 15 de maio).
- Non ser sancionada por resolución firme en vía administrativa no período de observación pola comisión de infraccións moi graves ou de infraccións graves de forma reiterada (enténdese que existe reiteración a partir de dúas infraccións graves no período de observación), en materia de prevención de riscos laborais ou de Seguridade Social.
- Acreditar tanto o cumprimento dos requisitos básicos en materia de prevención de riscos laborais -mediante a autodeclaración sobre actividades preventivas e sobre a existencia de representación dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais, que deberá estar conformada polos delegados de prevención-, como o desenovolvemento ou a realización, durante o período de observación, de polo menos dúas das seguintes accións:
- a) Incorporación ao cadro de persoal de recursos preventivos propios (aínda que non estea legalmente obrigada) ou ampliación dos existentes.
- b) Realización de auditorías externas do sistema preventivo da empresa, cando esta non estea legalmente obrigada a isto.
- c) Existencia de plans de mobilidade vial na empresa como medida para previr os accidentes de traballo en misión e os accidentes in itinire.
- d) Acreditación da diminución da porcentaxe de traballadores da empresa ou centro de traballo expostos a riscos de enfermidade profesional.
- e) Certificado de calidade da organización e funcionamento do sistema de prevención de riscos laborais, expedido por unha entidade ou organismo debidamente acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).
²Considérase como empresa o conxunto de todos os códigos de conta de cotización que corresponden ao mesmo NIF e teñan o mesmo código de actividade (CNAE) para os efectos de cotización por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
NOTA:Dadas as dificultades para identificar os sinistros e asignalos a unha empresa ou outra, as empresas deberán facerlle saber a Mutua Gallega os casos en que teñan traballadores pluriempregados e algún deles tivese un accidente noutra empresa.
Cal é a contía do incentivo na campaña Bonus 2011?
Para as empresas que soliciten o incentivo este ano por primeira vez, a contía deste poderá alcanzar ata o 5% do importe das cotas por continxencias profesionais correspondentes ao período de observación.
En próximas campañas, e se cumpre os índices de sinistralidade, a contía do incentivo pode chegar ata o 10% do importe das cotas por continxencias profesionais, se os períodos de observación son consecutivos e no inmediatamente anterior se percibiu o incentivo.
Para empresas que solicitaran o incentivo o pasado ano e reciban unha resolución favorable, este ano a contía do incentivo pode alcanzar ata o 10% do importe das cotas por continxencias profesionais.
En calquera caso, a contía ten como límite o importe dos investimentos efectuados pola empresa en instalacións, procesos ou equipos en materia de prevención de riscos laborais.
Onde e cando se solicita o incentivo?
As empresas asociadas a Mutua Gallega que cumpran todos os requisitos e desexen optar ao incentivo deberán presentar, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2012, en calquera centro de Mutua Gallega a seguinte documentación:
Para máis información sobre o sistema de incentivos a empresas, pode poñerse en contacto con Mutua Gallega en:
- No enderezo de correo electrónico: bonus@mutuagallega.es
- Ou no teléfono 981 665 111 – Extensió 312, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.
Para maior detalle do sistema de incentivos recomendámoslle que descargue o seguinte documento:
Guía Campaña Bonus 2011
Tamén pode consultar:
|