MÁIS DE 56.000 EUROS EN AXUDAS ESPECIAIS DURANTE 2017

A entidade destinou 56.376,17 euros a prestacións especiais, un dos recursos que ten Mutua Gallega para garantir o benestar das súa poboación protexida. Estas axudas –independentes e compatibles coas prestacións da Seguridade Social- as xestiona a Comisión de Prestacións Especiais

Mutua Gallega concedeu 82 axudas a traballadores e autónomos mutualistas ao longo de 017 e que suman un total de 56.376.17 euros. Esta partida corresponde ás prestacións especiais, un dos recursos cos que conta a entidade para garantir o benestar da súa poboación protexida.

Estas axudas asistenciais e económicas están dirixidas ao traballadores das empresas mutualistas, aos traballadores autónomos adheridos e aos seus dereitohabientes que sufriron un accidente de traballo ou están afectados por unha enfermidade profesional e se atopan nunha situación de necesidade económica para facer fronte a esta situación. Estas prestacións son independentes e compatibles coas prestacións regulamentarias da Seguridade Social. As prestacións outorgadas por Mutua Gallega divídense entre as que recibe directamente o traballador accidentado e as axudas ás que poden acceder os seus familiares.

Esta última é a que contou cunha contía maior no 2017, na que Mutua Gallega subvencionou con 30.114,57€ os gastos de desprazamento, manutención e aloxamento de acompañante, durante a estancia hospitalario ou de tratamento do traballador.

No caso das prestacións para o traballador accidentado, as contías repartíronse nas seguintes categorías:

-Axudas técnicas non regulamentarias, destinadas á adquisición de diferentes elementos para traballadores cunha discapacidade grave, como colchón anti escaras, grúa de baño, etc.: 14.303,53€

- Eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación da vivenda nos casos dunha discapacidade grave, derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 5.577,38€

- Axuda a domicilio en aqueles casos nos que se ten acreditado a necesidade de contar cunha terceira persoa para a realización dos actos máis elementais da vida diaria: 1.465€

- Outras axudas para financiar tratamentos alternativos, situación excepcional por I.T. prolongada con extinción de contrato de traballo, rotura de gafas, etc.: 4.915,69€

A Comisión de Prestacións Especiais é o órgano encargado de xestionar estas axudas e é designada pola Xunta Directiva baixo o criterio de paridade e cunha representación da metade dos seus membros dos traballadores empregados polas empresas asociadas e a outra metade dos empresarios asociados. As prestacións especiais son aprobadas nas reunións que manteñen de forma periódica os seus membros e fanse efectivas con cargo ao Orzamento de Asistencia Social consolidado para cada exercicio.

A Comisión de Prestacións Especiais estuda e valora individualmente cada unha das solicitudes antes de tomar un acordo definitivo e poder ofrecer as mellores solucións que se adapten a cada necesidade dos traballadores protexidos. En cada caso examínase a solicitude do interesado, o informe social no que se expón as circunstancias producidas polo accidente de traballo ou enfermidade profesional, as características socio-familiares, o estado de necesidade do beneficiario, os ingresos da unidade familiar en referencia ao IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) anual e o fin último para o que se solicita a axuda.

Estas axudas poden ser solicitadas a través da súa empresa, polos traballadores que se atopen en algunha das situacións descritas, dos seus benecificiarios ou de maneira persoal en calquera centro de Mutua Gallega. Está establecido un período dun ano despois de ter ocorrido o accidente laboral ou de ter sido diagnosticada a enfermidade profesional.

ComentariosComentar

Encha os seguintes datos e envíe a súa opinión. Grazas

  • Nome:
  • Email:
  • Opinión:
  • Ningún comentario dispoñible.

Utilizamos cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento de la web y para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. | OK